martes, 22 de abril de 2014

Gravación de son.

GRAVACIÓN DE SONIDO

1. Dixitalización do son
Posto que o son se transmite por ondas analóxicas, o ordenador non é capaz de traballar con el. Ese é o motivo polo que un ordenador ha de converter o sinal analóxico dos sons en sinal dixital, proceso que se denomina dixitalización de son. E este proceso repítese en sentido contrario cando é o ordenador o que ha de xerar sons para que se oian mediante uns altofalantes, cascos musicais...

A dixitalización dun son supón tomar mostras do sinal sonoro (mostraxe) cada certo tempo (frecuencia de mostraxe) e medir a intensidade do sinal analóxico (I). Cantas máis veces mídase o sinal sonoro por segundo (frecuencia de mostraxe alta), e canto maior sexa o rango para medir a intensidade (maior número de bits para ter máis valores), mellor calidade terá o son dixitalizado e máis parecerase ao son real.
2.Formatos de son
Cando se dixitaliza o son, a información ha de ser gardada en arquivos nalgún dos formatos de audio existentes. Na seguinte táboa detállanse algúns dos formatos de audio máis utilizados:

Arquivos
WAV:   É o formato estándar; nestes arquivos almacénanse sons reais de forma dixital.
MIDI:   Nestes arquivos non se gardan sons reais, senón ordes para que un sintetizador musical xere a música. Ocupan bastante menos espazo que os arquivos de son real, aínda que teñen peor calidade.
MPS:    Son análogos dos WAV, aínda que almacenan o son real comprimido, polo que ocupan bastante menos espazo, con pouca perda de calidade.
OGG:    Formato de audio comprimido de gran calidade e sen limitacións de distribución, posto que está baseado na licenza pública xeral de GNU.
WMA: Estes son os arquivos de audio do reprodutor de Windows Media que vén incorporado en Windows; son arquivos comprimidos con buena calidade de son. Teñen a particularidade de escoitarse a medida que se van recibindo os ficheiros, algo fundamental para internet.
Real Audio:   É un formato moi utilizado en internet, xa que a súa princpal característica é que se vai reproducindo a medida que se le, en tempo real.
MP3:   É un formato de compresión de audio dixital patentado que utiliza un algoritmo para conseguir un menor tamaño do arquivo. Utilízase para música tanto en prdenadores coma en dispositivos portátiles.
  
GRAVACIÓNS
Música
Audacity é unha aplicación que permite gravar, editar e gardar os arquivos de audio dende varias fontes diferentes e en distintos formatos. Está disponible para Windows e para Linux.

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/74/Pantallazo-Audacity.png
Audacity
Voz
Se pode utlizar o Gravador de son que inclúe o sistema operativo. Esta utilidade soe estar incluída en todos os programas de edición de son ou vídeo.
Hai que enchufar o micrófono na entrada correspondente da tarxeta de son e premer no botón Gravar para realizar a gravación.
http://www.polderbits.com/Grabador%20de%20Sonido%20PolderbitS%202.png
Gravador de son

CD de audio
Para extraer a música dun CD de audio haberá que recurrir a programas específicos de extración de audio dixital, conocidos como ripeadores.
-En Windows, o Reprodutor de Windows Media ofrece a posibilidade de copiar cancións no disco duro co formato wma ou mp3.
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgkMbJKN4A9s0MPnr2fRjMIgMeuLODeFR0-IDqHAV5EaW85HI70gi-75rojOUBC2AywYC7Ii-A-U4H3uu7AlUY0hrx4S4Ob4edncgBRIss1s6759j5XNmfz8VDxSRFnC6VQiYGLy9wo2Ys/s400/Windows+Media+Player+11.gif
Reprodutor de Windows Media
-En Linux, un exemplo é Sound Joicer.

Tarxeta de sonido
-Entrada de línea de audio: Permite introducir, ao ordenador, son dun aparato externo (unha radio, unha cadea de música..). Cor azul.
-Porto MIDI/Joystick: Permite introducir son directamente dende un instrumento musical ou conectar un joystick para xogos.
-Entrada de micrófono: Permite introducir son do exterior (voz, música...). Cor vermella.
-Saída para altavoces ou cascos: Permite conectar eses dispositvos para escoitar os distintos sons. Cor verde.
-Saída de audio: Envía o son a un amplificador ou gravador externo. Cor negra.
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh0zQgSO9XCq7V1i7NpgfBpIQTvHeKnWlNAsnHN6_xxGo8wvgWff9kps7HYIaP8ZqXJ3tenXWTDtOxZ4MgD2OHyoDPYBNxwFL7NgbjMam0Ws-nZW5l46s8fAyJh6nyMoUz8LNt-URC086E/s1600/Tarjeta+de+sonido.jpg
Tarxeta de son


























                                                 

martes, 1 de abril de 2014

As Meninas.






Transformación
Resultado

Reflexar e recortar:


Reflexa o cadro horizontalmente e recórtao ata eliminar ao pintor e o teito da habitación.




Reconstruír zoas borradas:


Utiliza a ferramenta de clonación para quitar o can da escena e simular o contido que habería na súa posición.




Colorear un detalle:


Recorta o vestido da infanta Margarita e pégao nunha nova capa. Utiliza os niveis de color para corolealo de azul.




Centrar a atención:


Seleciona os personaxes do primer plano, cópiaos nunha nova capa e faina no visible. Desenfoca o fondo e volve a deixar visible a primeira capa.




Cambio de estilo pictórico:


Aplica algún dos filtros artísticos para converter o cadro á técnica da pintura de óleo, ao cubismo ou ao impresionismo.




Personalizar a obra:


Da o teu toque artístico ao cadro modificándoo ao teu criterio,por exemplo, debuxando algún detalle, engadindo novos personaxes, cambiando cores, inserindo texto, etc.


lunes, 17 de febrero de 2014

6-Conexións entre dispositivos móbiles

6-CONEXIÓNS ENTRE DISPOSITIVOS MÓBILES

Dispositivos móbiles: Os avances tecnolóxicos en diferentes dispositivos e a evolución das redes inarámicas permitiron a gran integración de dispositivos informáticos pequenos e portátiles na nosa sociedade. Caracterízanse por ser móbiles e ter a capacidade de procesamento e comunicación en rede. Ofrecen posibilidades prácticamente infinitas: vixilancia, telefonía, música, fotos, vídeo, comunicacións... en calquer momento e lugar. Entre eles inclúense:
-Ordenadores portátiles, que permiten facer o mesmo ca un convencional en calquer lugar e momento.
-Dispositivos de man (handheld): teléfonos móbiles, asistentes dixitais persoais (PDA), videoconsolas, gps, cámaras, etc.
-Dispositivos que se poden levar postos, como reloxes similares aos PDAs, prendas de vestir con tecnoloxía inplantada, sensores,etc.
PDA
-Dispositivos insertados en aparatos, como vehículos, electrodomésticos,etc.

Computación móbil e obicua:

-A computación móbil consiste na realización de tareas informáticas mentres se está en movemento ou noutro lugar distinto ao habitual. Os usuarios poden acceder a internet e ao seu intranet (casa ou traballo) desde calquer punto e poden imprimir coa impresora máis cercana.
Este tipo de dispositivos utilizan unha fácil conexión á red local mediante enlaces inarámicos que se manteñen inda que haxa movemento, por exemplo en trens, barcos, ou outros medios de transporte.
Se un dispositivo atópase nun novo entorno, reconfigurarase automáticamente sen ningunha axuda do usuario. Como exemplo están os teléfonos móbiles, que detectan automáticamente unha nova rede cando, por exemplo, se viaxa a un país.
Computación móbil: Teléfono móbil

-A computación ubicua é a integración da informática no campo dos usuarios a través de dispositivos móbiles que poden comunicarse entre eles de forma invisible para o usuario. Este tipo de computación permite unha gran variedade de ventaxas, como ver a imaxe dunha cámara de vixilancia nun móbil.

Computación ubicua: cámara de seguridade
Tipos de conexión inarámica: As conexións de dispositivos móbiles precisan redes de comunicacións inarámicas (wireless networks). Existen diversos tipos de comunicacións inarámicas:

-Redes WiFi: son redes de área local inarámica para a conexión de ordenadores.
-Redes WiMAX: son redes metropolitanas (50km aprox.) que permiten conexións de banda ancha de alta velocidade.
-Redes ad-hoc: permiten a conexión directa de dispositivos sen un punto de acceso que xestione a comunicacións inarámicas de rede.
-Comunicación WAP: utilízase para comunicacións inarámicas por telefonía móbil.
-Redes por infravermellos (IR): permiten a comunicación entre dous dispositivos visibles a través de ondas infravermellas.
-BlueTooth: utilízase para conexións de curto alcance (10 metros). Este tipo de comunicación a incluen teclados, iPod, móbiles, PDA, cámaras, altofalantes, reloxos, etc, para intercambiar información.

Adaptadores USB: Para convertir dispositivos como ordenadores ou impresoras en móbiles pódese utilizar unha tarxeta inarámica ou un adaptador USB. Os USB non precisan montaxe, simplemente conéctanse nun porto USB.
Adaptador USB

Blackberry: A blackberry é un dispositivo de man inarámico co que se pode utilizar o correo electrónico, a telefonía móbil, SMS, navegación web e outros servizos inarámicos.

Blackberry
Máis información






viernes, 14 de febrero de 2014

5.Compartir recursos

5.COMPARTIR RECURSOS


Compartir recursos en Windows: Compartir recursos ou arquivos consiste en  deixar disponible o contido de diversos diretorios para outros usuarios. Normalmente, os sistemas operativos teñen ferramentas que facilitan a esta acción de compartir, inda que nalgunhas ocasións compartir arquivos pode implicar problemas de seguridade.
Para poder compartir estes recursos é necesario que na configuración de rede local estea activada a opción Compartir impresoras e arquivos (ir a conexións de rede e facer clic dereito en Conexión de área local).

-Como compartir carpetas e discos:

1-Facer clic dereito no arquivo que se desexa compartir.
2- Seleccionar Compartir e seguridade.
3-Aparecerá un cadro de diálogo que poderá variar según estea acivado o Uso compartido simple de arquivos ou non. Seleccionar a opción Compartir esta carpeta.

  •  Na compartición simple, pódese premer en Permitir que os usuarios da rede cambien os meus arquivos se se permite o aceso total ao arquivo; se non se marca só poderá ser lida ou copiada.
  • Na compartición con permisos, clicar en Permisos para asignar os permisos a distintos usuarios.
4-Premer en Aplicar e Aceptar para gardar os cambios.
Ao compartir carpetas, aparecerá debaixo delas unha man, con isto distinguimos todas as carpetas compartidas.

Compartir impresoras:
Nun equipo con impresora:
1-Clicar en inicio e selecionar Impresoras es faxes.
2-Pulsar o botón dereito do rato na icona da impresora e selecionar Compartir.
3-Premer en Compartir impresora.
4-Premer en Aplicar e Aceptar.
5-Verase a icona dunha man e unha impresora.

No resto de equipos:
1-Clicar en inicio e selecionar Impresoras e faxes.
2-Premer no enlace Agregar unha impresora e iniciarase un Asistente no que soamente haberá que indicar o equipo da rede onde se encontra conectada a impresora a agregar.
3-Unha vez máis verase un icono dunha impresora.

-Estas funcións permiten compartir unha ou varias impresoras con calquer usuario da rede. Non importa o tipo de impresora, só ten que estar instalada no equipo e conectada mediante USB ou outro tipo de conexión. Tamén existen impresoras que se poden conectar inarámicamente a un equipo mediante unha rede.

Compartir recursos baixo diferentes sistemas operativos:
Pódese traballar nunha mesma rede con equipos que dispoñen de diferentes sistemas operativos.
Desde Windows, é posible acceder aos recursos compartidos noutros equipos (con Windows ou Linux) a través do Entorno de rede e navegando polos diferentes recursos.
O Entorno de rede, normalmente, ten un icono predeterminado no escritorio. Pódese chamar tamén Os meus sitios de rede e para acceder a el haberá que escribir no cadro de búsqueda de Inicio a palabra Rede.
Desta maneira poderemos compartir distintos arquivos ou outro tipo de ficheiros entre equipos con distinto sistema operativo.


Para máis información: Vídeo

                                   Páxina web

viernes, 31 de enero de 2014

4. Xestión de usuarios e permisos

4- XESTIÓN DE USUARIOS E PERMISOS
Grupos de usuario

-Creación de grupos de usuarios:
Windows é un sistema multiusuario, é dicir, permite que varias persoas podan utilizar o ordenador con diferentes usuarios onde se gardarán as súas tarefas.
Asígnanse contas aos distintos usuarios para oganizar a información e, dependendo do usuario e dos seus permisos, o sistema permite o aceso a recursos nos que unha persoa estea autorizada.
Un usuario pode ser membro de máis dun grupo e, na maioría dos casos, unha conta de usuario descríbese co grupo de usuarios ao que pertence.

Identificación
-Indentificación:
Para poder entrar nun sistema operativo con varias contas, se solicita un nome de usuario (coñecido como login) e un contrasinal (en inglés password).
Unha vez introducidos, xa se permite aceder aos recursos que estean autorizados nese usuario.

-Xestión de contas:
As contas de usuario pódense xestionar accedendo desde o Panel de control a Contas de usuario. Con isto pódense crear novas contas, eliminalas,etc.
Para crear unha nova conta, haberá que aceder de novo ao Panel de Control e clicar en Contas de usuario. Xa dentro, clicar en Agregar ou quitar contas de usuario e en Crear nova conta.

Xestión de contas
-Espacio de traballo:
Ao espacio de traballo dun usuario tamén chámaselle Conta de usuario. Cada cona ten un apartado específico no disco duro onde se garda información dos usuarios, os documentos, os favoritos, as distintas personalizacións, etc.
Unha conta de usuario almacénase do seguinte modo:

Sistema operativo             Directorio
       Windows                      C:/Documents and
                                            Setings/Alex



Administrador

Tipos de usuario:
No sistema existe un Administrador e uns Usuarios:
 -Administrador ou root: Encárgase de configurar e manter o sistema. Ten privilexios en calquera recurso e pode instalar e desinstalar programas, xestionar usuarios..
Tamén debe manter actualizado o sistema e recomendar hardware, inda que a súas funcións máis importantes son proporcionar seguridade e realizar copias de seguridade.
 -Usuario: É o que utiliza o sistema e só ten aceso aos recursos que o administrador permita. Non pode cambiar ningún tipo de configuración nin eliminar arquivos.

Usuarios
 -Grupo: É unha asociación de usuarios co fin de facilitar o traballo, por exemplo, compartir información. Nun grupo, calquer usuario pode aceder aos seus recursos e aos do seu grupo.

Adxudicación de permisos en Windows:
Para poder ver ou administrar permisos de arquivos ou carpetas nun equipo en Windows, cómpre seguir estes pasos:
1-Facer clic dereito no arquivo ou carpeta e selecionar Propiedades.
2-Ir á pestaña Seguridade. Mostrarase un listado con todos os usuarios que teñen permisos nese arquivo.
3-Premer en Quitar para eliminar os dereitos dos usuarios  ou en Agregar para darllos a calquera usuario.
4-Ao selecionar un grupo ou usuario móstranse os Permisos de Usuario que ten, pódense permitir ou denegar cada un.

Se en Propiedades non aparece a lapela Seguridade:
1-Facer clic en Inicio.
2-Entrar no Panel de Conrol.
3-Selecionar Aparenza e temas.
4-Entrar en Opcións de carpeta.
5-Ir á lapela Ver, desactivar a casilla Empregar uso compartido simple de arquivos, que encóntrase en Configuración avanzada.

Máis información






viernes, 24 de enero de 2014

3.Configuración dunha rede

3. CONFIGURACIÓN DUNHA REDE

-Configuración
O seguinte paso despois de instalar todos os elementos é configurar todos os equipos para que a rede funcione. Windows e Linux detectan e configuran automáticamente a rede ao instalarse. Non se necesita ter conexión a Internet para configurar unha rede, aínda que a maioría dos usuarios usan a súa rede para compartir dita conexión. A configuración pódese verificar ou modificar en calquer momento cos seguintes pasos:
WINDOWS                                               
 1- Entrar no menú inicio.
 2- Facer clic dereito na icona ''Meus sitios de rede''. Aparecerá unha icona que informa sobre o estado da rede de área local 
 3- Clicar sobre esta icona co botón dereito do rato e seleccionar propiedades.
 4- Clicar sobre Protocolo Internet (TCP/IP) 
     Unha vez feito todo isto aparecerá un cadro de diálogo coas propiedades da conexión de área local onde se poden configurar parámetros como:
      -Nome do equipo
      -Grupo de traballo
      -Mascara de subrede
      -Porta de enlace
      -DNS 
-Identificación na rede
Todos os equipos dunha rede deben ter asignado un nome distinto. Tamén teñen que pertencer a un mesmo grupo de traballo, que identifica á rede. Exemplos:      
Grupo de traballo: 
CASA
Nome dos equipos:                                      
PC Juan
PC Alex
PC Marina 
Existe un asistente para identificar as redes, chamado ''Asistente para unirse a un dominio ou grupo de traballo'', que tamén pode axudar a crear unha conta de usuario no equipo. Antes de executar este asistente, cómpre asegurarse de que se posúe un nome de usuario e un contrasinal con permiso para unirse ao dominio ou abandonalo, e de que ten o contrasinal de administrador para o equipo.
-Comprobar o funcionamento dunha rede en Windows
 1- Abrir o menú inicio e clicar sobre os meus sitios de rede. Aparecerá unha ventá con diferentes documentos compartidos na rede.
 2- Para ver todos os ordenadores da rede hai que clicar en ''ver equipos do grupo de traballo''.
-Conectarse a unha rede WiFi desde un equipo
Os equipos WiFi conéctanse automáticamente ás redes do seu alcance. Pódese facer clic nunha icona para elixir entre as redes inalámbricas disponibles, aínda que algunhas redes teñen unha seguridade que requiren unha contrasinal. Para conectarse de maneira inalámbrica é necesario ter un router inalámbrico, que encargarase de transmitir o sinal. 
-Coñecer unha dirección IP
Para coñecer unha IP dun equipo da rede, haberá que executar o seguinte comando:
Ipconfig
A continuación, verase a configuración de todos os dispositivos ou tarxetas de rede do equipo.
Ping
O ping serve para comprobar a correcta conexión con outros dispositivos da rede. Envíase información aos dispositivos a través de direccións IP. Pódense comprobar as estadísticas para saber se os paquetes son enviados correctamente. Outros usos do Ping son:
 -Coñecer a dirección IP utilizada por un nome de dominio.
 -Coñecer cando existe unha conexión nun equipo.
 -Retrasar a execución de comandos nun tempo determinado.


 






















martes, 14 de enero de 2014

2.Creación de redes locales

2. CREACIÓN DE REDES LOCAL

-Dispositivos de Interconexión
Hai moitos dispositivos para poder interconectar todos es equipos e así formar a rede de área local. Algúns deles son:
 -Tarxetas de rede. Todos os equipos deben de telas instaladas, poden ser:
 -Ethernet. Utilizan un conector , onde irá conectado o cable. Este conector é semellante a do teléfono.
Hub
 -WiFi. Son tarxetas inalámbricas que conectan o ordenador á rede a través de ondas. Pódense utilzar de calquer fabricante sempre que cumpla as normas estándar.
 -Concentradores. Son dispositivos que conectan os cables de cada equipo. Dispoñen de portos con conectores, poden ser:
 -Hub. É o máis básico. Utilízase en redes pequenas e os datos son enviados a todos os equipos da rede. O destinatario recibe a información e o resto a omiten.
Switch
-Switch. Ten a mesma función que o hub, pero dunha forma máis intelixente, soamente envía os datos ao destinatario.                                              
 -Puntos de aceso. Teñen a mesma función que os concentradores, pero substitúen os cables por ondas.
Router
 -Router. Ten unha tecnoloxía máis avanzada que permiten xestionar direción IP, conectar redes entre si, establecer conexións a Internet, etc. Se é inalámbrico permite conectarse directamente, sen concentradores nen cableado.
 -Cables de rede. Hai varios tipos, o máis utilizado é o par trenzado. Este cable está formado por oito hilos condutores trenzados de dous en dous para evitar interferencias.
Cando son redes que requiren alta velocidade utilízanse aparellos de fibra óptica, permitindo así prestacións moi altas.
 
Tarxeta de rede


-Instalación e configuración de dispositivos
-Estas instalacións e configuracións son moi doadas. Algúns conceptos básicos son:
 -Tarxetas de rede. Só hai que retirar a carcasa do equipo e conectar esta tarxeta nunha das ranuras disponibles. Tamén hai que instalar os drivers no equipo seguindo os pasos explicados no disco de instalación.
 -Concentradores. Non requiren configuración, conéctanse á corrente eléctrica para que realicen a súa función correctamente.
 -Puntos de aceso. Soamente deben estar conectados cun cable ao router ou outro concentrador.
 -Router. Ten que configurarse cos parámetros do proveedor de Internet, aínda que normalmente xa veñen operativos. Se é inalámbrico hai que asegurarse de que a rede teña seguridade habilitada para impedir o aceso público.
-Cableado. Un dos seus extremos se conecta á tarxeta de rede e o outro ao concentrador ou router. Na súa instalación hai que ter uns conceptos claros, como non doblar o cable ou non fixalo na parede con materiais daninos.
-Conexión dos componentes
Topoloxía en estrela
A maioría das redes están organizadas nun punto central que interconecta os dispositivos que a compoñen. Isto denomínas ''Topoloxía en estrela'' e caracterízase por conectar todos os equipos a un concentrador. Para que a rede teña conexión a internet hai que conectar o concentrador a un router para que a rede de área local se transforme nunha de intranet. Pódense conectar concentradores entre sí cun porto especial coa fin de lograr subredes ou ampliar a rede.
-Redes mixta
Unha rede mixta componse de equipos cableados e equipos inalámbricos. Para isto, utilízase un punto de acceso inalámbrico. Utilízase, por exemplo, para conectar un portátil a unha rede cableada.

Máis información












viernes, 10 de enero de 2014

1.Redes Informáticas

1. REDES INFORMÁTICAS

-Definición
 Unha rede é un conxunto de dispositivos conectados entre sí que poden compartir datos e recursos, como imaxes ou incluso discos duros.
A máis simple consta de dous computadoras, pero pódese complicar ata chegar ao extremo de conectar miles de ordenadores, como sucede actualmente na rede de Internet.
-Tipos de Redes
As redes informáticas pódense clasificar en dous tipos:
-Segundo o seu tamaño ou área de cobertura:
 -Redes de área local (LAN, Local Area Networks). Son de pequena extensión e se utilizan en universidades, fogares, etc.
 -Redes de área extensa (WAN, Wide Area Networks). Conectan equipos moito máis distanciados como cidades, países, continentes, etc.
-Segundo o seu nivel de acceso ou privacidade
 -Internet. É a rede mundial de redes de ordenadores, ten acceso público e permite comunicarse e compartir información e servizos en todo o mundo.
 -Intranet. É unha rede local que utiliza ferramentas de internet (por exemplo o correo electrónico). Considérase como unha internet privada que funciona nun mesmo lugar.
 -Extranet. Rede privada virtual lograda a través da interconexión de dous ou máis intranets, utilizando internet para comunicarse.
-Equipos dunha rede
Diferéncianse:
-O servidor: É o ordenador central que proporciona todos os recursos e servizos necesarios aos usuarios dunha rede, como a web ou o correo electrónico.
-Os clientes. Son os equipos conectados á rede. Normalmente traballan de forma autónoma e acceden á rede para intercambiar información e utilizar os recursos e servizos.
-Redes de WLAN
As Redes de Área Local Inalámbricas ou WLAN permiten acceder á información e aos recursos sen a necesidade de estar conectados físicamente a algún lugar.
-Recurso compartido
Un recurso compartido é calquer dispositivo, datos ou programas que se poden compartir nunha rede, por exemplo, arquivos, discos duros, carpetas, etc.
-Conceptos Básicos Sobre Redes
Para traballar con redes é necesario coñecer unha serie de conceptos básicos. Algúns deles son:
 -A Comunicación: É un proceso que ten un emisor, unha mensaxe que é transmitida a través dunha canle e un receptor. Os ordenadores son os emisores e os receptores ao mesmo tempo. A canle é o medio polo que circulan os datos (cableado, redes, etc.)
 -O Protocolo: En informática utilízase unha linguaxe e un conxunto de linguas para que emisores e receptores podan entenderse, coñécese como protocolo. O máis utilizado é o TCP / IP.
 -Direción IP: É a direción de rede do ordenador. Cada un dos ordenadores da rede identifícase por un número, a direción IP. Esta direción está forada por catro números separados por puntos, onde cada un toma valores entre 0 e 255.
 -Máscara de rede: É un número similar á IP que determina que parte da direción IP especifica ao equipo e a que parte da subrede pertence. Utilízase á vez para crear subredes.
 -Grupo de traballo: É o conxunto de equipos agrupados en subredes para facilitar o seu uso. Para que os equipos dunha rede poidan conectarse, han de estar no mesmo grupo de traballo.
 -Porta de enlace ou Gateway: É a direción IP coa que se sae da rede local ao exterior, noutra rede ou internet. Soe ser a IP do router.
 -DNS (Sistema de Nomes por Dominio): Para poder recordar as direcións IP, utilízase o DNS, que as asocia a un conxunto de palabras máis doadas de recordar.

Para máis información:
Páxina Web