lunes, 17 de febrero de 2014

6-Conexións entre dispositivos móbiles

6-CONEXIÓNS ENTRE DISPOSITIVOS MÓBILES

Dispositivos móbiles: Os avances tecnolóxicos en diferentes dispositivos e a evolución das redes inarámicas permitiron a gran integración de dispositivos informáticos pequenos e portátiles na nosa sociedade. Caracterízanse por ser móbiles e ter a capacidade de procesamento e comunicación en rede. Ofrecen posibilidades prácticamente infinitas: vixilancia, telefonía, música, fotos, vídeo, comunicacións... en calquer momento e lugar. Entre eles inclúense:
-Ordenadores portátiles, que permiten facer o mesmo ca un convencional en calquer lugar e momento.
-Dispositivos de man (handheld): teléfonos móbiles, asistentes dixitais persoais (PDA), videoconsolas, gps, cámaras, etc.
-Dispositivos que se poden levar postos, como reloxes similares aos PDAs, prendas de vestir con tecnoloxía inplantada, sensores,etc.
PDA
-Dispositivos insertados en aparatos, como vehículos, electrodomésticos,etc.

Computación móbil e obicua:

-A computación móbil consiste na realización de tareas informáticas mentres se está en movemento ou noutro lugar distinto ao habitual. Os usuarios poden acceder a internet e ao seu intranet (casa ou traballo) desde calquer punto e poden imprimir coa impresora máis cercana.
Este tipo de dispositivos utilizan unha fácil conexión á red local mediante enlaces inarámicos que se manteñen inda que haxa movemento, por exemplo en trens, barcos, ou outros medios de transporte.
Se un dispositivo atópase nun novo entorno, reconfigurarase automáticamente sen ningunha axuda do usuario. Como exemplo están os teléfonos móbiles, que detectan automáticamente unha nova rede cando, por exemplo, se viaxa a un país.
Computación móbil: Teléfono móbil

-A computación ubicua é a integración da informática no campo dos usuarios a través de dispositivos móbiles que poden comunicarse entre eles de forma invisible para o usuario. Este tipo de computación permite unha gran variedade de ventaxas, como ver a imaxe dunha cámara de vixilancia nun móbil.

Computación ubicua: cámara de seguridade
Tipos de conexión inarámica: As conexións de dispositivos móbiles precisan redes de comunicacións inarámicas (wireless networks). Existen diversos tipos de comunicacións inarámicas:

-Redes WiFi: son redes de área local inarámica para a conexión de ordenadores.
-Redes WiMAX: son redes metropolitanas (50km aprox.) que permiten conexións de banda ancha de alta velocidade.
-Redes ad-hoc: permiten a conexión directa de dispositivos sen un punto de acceso que xestione a comunicacións inarámicas de rede.
-Comunicación WAP: utilízase para comunicacións inarámicas por telefonía móbil.
-Redes por infravermellos (IR): permiten a comunicación entre dous dispositivos visibles a través de ondas infravermellas.
-BlueTooth: utilízase para conexións de curto alcance (10 metros). Este tipo de comunicación a incluen teclados, iPod, móbiles, PDA, cámaras, altofalantes, reloxos, etc, para intercambiar información.

Adaptadores USB: Para convertir dispositivos como ordenadores ou impresoras en móbiles pódese utilizar unha tarxeta inarámica ou un adaptador USB. Os USB non precisan montaxe, simplemente conéctanse nun porto USB.
Adaptador USB

Blackberry: A blackberry é un dispositivo de man inarámico co que se pode utilizar o correo electrónico, a telefonía móbil, SMS, navegación web e outros servizos inarámicos.

Blackberry
Máis información






No hay comentarios:

Publicar un comentario