viernes, 20 de septiembre de 2013

A miña música preferida.

O meu estilo musical preferido é o Rock, de calquer xénero, con grupos como Foo Fighters.
Levo escoitando este tipo de música dende os 10 anos, a parte do Metal e outros tipos de música.
Foo Fighters é un grupo estadounidense creado no ano 1994 por Dave Grohl, (antigo participante de Nirvana). Actualmente o grupo está formado por Nate Mendel, Chris Shiflett, Pat Smear, Taylor Hawkins e, xa dito, Dave Grohl.











O primeiro album oficial de Foo Fighters chamouse Pocketwatch, feito polo mesmo Dave cando inda estaba en Nirvana e que ata a súa publicación non o enseñou nin aos seus amigos.
Despois deste gran éxito formouse a banda e en 1997 empezaron a gravar o seu segundo album: "The colour and the Shape", con grandes éxitos  como "Everlong" e "Monkey Wrench". Este disco foi a súa motivación polo gran éxito que tivo para seguir coa música e publicar ata cinco discos máis, e, en 2014, voltarán cun album novo que todos os fans están esperando.