viernes, 14 de febrero de 2014

5.Compartir recursos

5.COMPARTIR RECURSOS


Compartir recursos en Windows: Compartir recursos ou arquivos consiste en  deixar disponible o contido de diversos diretorios para outros usuarios. Normalmente, os sistemas operativos teñen ferramentas que facilitan a esta acción de compartir, inda que nalgunhas ocasións compartir arquivos pode implicar problemas de seguridade.
Para poder compartir estes recursos é necesario que na configuración de rede local estea activada a opción Compartir impresoras e arquivos (ir a conexións de rede e facer clic dereito en Conexión de área local).

-Como compartir carpetas e discos:

1-Facer clic dereito no arquivo que se desexa compartir.
2- Seleccionar Compartir e seguridade.
3-Aparecerá un cadro de diálogo que poderá variar según estea acivado o Uso compartido simple de arquivos ou non. Seleccionar a opción Compartir esta carpeta.

  •  Na compartición simple, pódese premer en Permitir que os usuarios da rede cambien os meus arquivos se se permite o aceso total ao arquivo; se non se marca só poderá ser lida ou copiada.
  • Na compartición con permisos, clicar en Permisos para asignar os permisos a distintos usuarios.
4-Premer en Aplicar e Aceptar para gardar os cambios.
Ao compartir carpetas, aparecerá debaixo delas unha man, con isto distinguimos todas as carpetas compartidas.

Compartir impresoras:
Nun equipo con impresora:
1-Clicar en inicio e selecionar Impresoras es faxes.
2-Pulsar o botón dereito do rato na icona da impresora e selecionar Compartir.
3-Premer en Compartir impresora.
4-Premer en Aplicar e Aceptar.
5-Verase a icona dunha man e unha impresora.

No resto de equipos:
1-Clicar en inicio e selecionar Impresoras e faxes.
2-Premer no enlace Agregar unha impresora e iniciarase un Asistente no que soamente haberá que indicar o equipo da rede onde se encontra conectada a impresora a agregar.
3-Unha vez máis verase un icono dunha impresora.

-Estas funcións permiten compartir unha ou varias impresoras con calquer usuario da rede. Non importa o tipo de impresora, só ten que estar instalada no equipo e conectada mediante USB ou outro tipo de conexión. Tamén existen impresoras que se poden conectar inarámicamente a un equipo mediante unha rede.

Compartir recursos baixo diferentes sistemas operativos:
Pódese traballar nunha mesma rede con equipos que dispoñen de diferentes sistemas operativos.
Desde Windows, é posible acceder aos recursos compartidos noutros equipos (con Windows ou Linux) a través do Entorno de rede e navegando polos diferentes recursos.
O Entorno de rede, normalmente, ten un icono predeterminado no escritorio. Pódese chamar tamén Os meus sitios de rede e para acceder a el haberá que escribir no cadro de búsqueda de Inicio a palabra Rede.
Desta maneira poderemos compartir distintos arquivos ou outro tipo de ficheiros entre equipos con distinto sistema operativo.


Para máis información: Vídeo

                                   Páxina web

No hay comentarios:

Publicar un comentario