viernes, 31 de enero de 2014

4. Xestión de usuarios e permisos

4- XESTIÓN DE USUARIOS E PERMISOS
Grupos de usuario

-Creación de grupos de usuarios:
Windows é un sistema multiusuario, é dicir, permite que varias persoas podan utilizar o ordenador con diferentes usuarios onde se gardarán as súas tarefas.
Asígnanse contas aos distintos usuarios para oganizar a información e, dependendo do usuario e dos seus permisos, o sistema permite o aceso a recursos nos que unha persoa estea autorizada.
Un usuario pode ser membro de máis dun grupo e, na maioría dos casos, unha conta de usuario descríbese co grupo de usuarios ao que pertence.

Identificación
-Indentificación:
Para poder entrar nun sistema operativo con varias contas, se solicita un nome de usuario (coñecido como login) e un contrasinal (en inglés password).
Unha vez introducidos, xa se permite aceder aos recursos que estean autorizados nese usuario.

-Xestión de contas:
As contas de usuario pódense xestionar accedendo desde o Panel de control a Contas de usuario. Con isto pódense crear novas contas, eliminalas,etc.
Para crear unha nova conta, haberá que aceder de novo ao Panel de Control e clicar en Contas de usuario. Xa dentro, clicar en Agregar ou quitar contas de usuario e en Crear nova conta.

Xestión de contas
-Espacio de traballo:
Ao espacio de traballo dun usuario tamén chámaselle Conta de usuario. Cada cona ten un apartado específico no disco duro onde se garda información dos usuarios, os documentos, os favoritos, as distintas personalizacións, etc.
Unha conta de usuario almacénase do seguinte modo:

Sistema operativo             Directorio
       Windows                      C:/Documents and
                                            Setings/Alex



Administrador

Tipos de usuario:
No sistema existe un Administrador e uns Usuarios:
 -Administrador ou root: Encárgase de configurar e manter o sistema. Ten privilexios en calquera recurso e pode instalar e desinstalar programas, xestionar usuarios..
Tamén debe manter actualizado o sistema e recomendar hardware, inda que a súas funcións máis importantes son proporcionar seguridade e realizar copias de seguridade.
 -Usuario: É o que utiliza o sistema e só ten aceso aos recursos que o administrador permita. Non pode cambiar ningún tipo de configuración nin eliminar arquivos.

Usuarios
 -Grupo: É unha asociación de usuarios co fin de facilitar o traballo, por exemplo, compartir información. Nun grupo, calquer usuario pode aceder aos seus recursos e aos do seu grupo.

Adxudicación de permisos en Windows:
Para poder ver ou administrar permisos de arquivos ou carpetas nun equipo en Windows, cómpre seguir estes pasos:
1-Facer clic dereito no arquivo ou carpeta e selecionar Propiedades.
2-Ir á pestaña Seguridade. Mostrarase un listado con todos os usuarios que teñen permisos nese arquivo.
3-Premer en Quitar para eliminar os dereitos dos usuarios  ou en Agregar para darllos a calquera usuario.
4-Ao selecionar un grupo ou usuario móstranse os Permisos de Usuario que ten, pódense permitir ou denegar cada un.

Se en Propiedades non aparece a lapela Seguridade:
1-Facer clic en Inicio.
2-Entrar no Panel de Conrol.
3-Selecionar Aparenza e temas.
4-Entrar en Opcións de carpeta.
5-Ir á lapela Ver, desactivar a casilla Empregar uso compartido simple de arquivos, que encóntrase en Configuración avanzada.

Máis información






No hay comentarios:

Publicar un comentario