viernes, 24 de enero de 2014

3.Configuración dunha rede

3. CONFIGURACIÓN DUNHA REDE

-Configuración
O seguinte paso despois de instalar todos os elementos é configurar todos os equipos para que a rede funcione. Windows e Linux detectan e configuran automáticamente a rede ao instalarse. Non se necesita ter conexión a Internet para configurar unha rede, aínda que a maioría dos usuarios usan a súa rede para compartir dita conexión. A configuración pódese verificar ou modificar en calquer momento cos seguintes pasos:
WINDOWS                                               
 1- Entrar no menú inicio.
 2- Facer clic dereito na icona ''Meus sitios de rede''. Aparecerá unha icona que informa sobre o estado da rede de área local 
 3- Clicar sobre esta icona co botón dereito do rato e seleccionar propiedades.
 4- Clicar sobre Protocolo Internet (TCP/IP) 
     Unha vez feito todo isto aparecerá un cadro de diálogo coas propiedades da conexión de área local onde se poden configurar parámetros como:
      -Nome do equipo
      -Grupo de traballo
      -Mascara de subrede
      -Porta de enlace
      -DNS 
-Identificación na rede
Todos os equipos dunha rede deben ter asignado un nome distinto. Tamén teñen que pertencer a un mesmo grupo de traballo, que identifica á rede. Exemplos:      
Grupo de traballo: 
CASA
Nome dos equipos:                                      
PC Juan
PC Alex
PC Marina 
Existe un asistente para identificar as redes, chamado ''Asistente para unirse a un dominio ou grupo de traballo'', que tamén pode axudar a crear unha conta de usuario no equipo. Antes de executar este asistente, cómpre asegurarse de que se posúe un nome de usuario e un contrasinal con permiso para unirse ao dominio ou abandonalo, e de que ten o contrasinal de administrador para o equipo.
-Comprobar o funcionamento dunha rede en Windows
 1- Abrir o menú inicio e clicar sobre os meus sitios de rede. Aparecerá unha ventá con diferentes documentos compartidos na rede.
 2- Para ver todos os ordenadores da rede hai que clicar en ''ver equipos do grupo de traballo''.
-Conectarse a unha rede WiFi desde un equipo
Os equipos WiFi conéctanse automáticamente ás redes do seu alcance. Pódese facer clic nunha icona para elixir entre as redes inalámbricas disponibles, aínda que algunhas redes teñen unha seguridade que requiren unha contrasinal. Para conectarse de maneira inalámbrica é necesario ter un router inalámbrico, que encargarase de transmitir o sinal. 
-Coñecer unha dirección IP
Para coñecer unha IP dun equipo da rede, haberá que executar o seguinte comando:
Ipconfig
A continuación, verase a configuración de todos os dispositivos ou tarxetas de rede do equipo.
Ping
O ping serve para comprobar a correcta conexión con outros dispositivos da rede. Envíase información aos dispositivos a través de direccións IP. Pódense comprobar as estadísticas para saber se os paquetes son enviados correctamente. Outros usos do Ping son:
 -Coñecer a dirección IP utilizada por un nome de dominio.
 -Coñecer cando existe unha conexión nun equipo.
 -Retrasar a execución de comandos nun tempo determinado.


 






















No hay comentarios:

Publicar un comentario