viernes, 10 de enero de 2014

1.Redes Informáticas

1. REDES INFORMÁTICAS

-Definición
 Unha rede é un conxunto de dispositivos conectados entre sí que poden compartir datos e recursos, como imaxes ou incluso discos duros.
A máis simple consta de dous computadoras, pero pódese complicar ata chegar ao extremo de conectar miles de ordenadores, como sucede actualmente na rede de Internet.
-Tipos de Redes
As redes informáticas pódense clasificar en dous tipos:
-Segundo o seu tamaño ou área de cobertura:
 -Redes de área local (LAN, Local Area Networks). Son de pequena extensión e se utilizan en universidades, fogares, etc.
 -Redes de área extensa (WAN, Wide Area Networks). Conectan equipos moito máis distanciados como cidades, países, continentes, etc.
-Segundo o seu nivel de acceso ou privacidade
 -Internet. É a rede mundial de redes de ordenadores, ten acceso público e permite comunicarse e compartir información e servizos en todo o mundo.
 -Intranet. É unha rede local que utiliza ferramentas de internet (por exemplo o correo electrónico). Considérase como unha internet privada que funciona nun mesmo lugar.
 -Extranet. Rede privada virtual lograda a través da interconexión de dous ou máis intranets, utilizando internet para comunicarse.
-Equipos dunha rede
Diferéncianse:
-O servidor: É o ordenador central que proporciona todos os recursos e servizos necesarios aos usuarios dunha rede, como a web ou o correo electrónico.
-Os clientes. Son os equipos conectados á rede. Normalmente traballan de forma autónoma e acceden á rede para intercambiar información e utilizar os recursos e servizos.
-Redes de WLAN
As Redes de Área Local Inalámbricas ou WLAN permiten acceder á información e aos recursos sen a necesidade de estar conectados físicamente a algún lugar.
-Recurso compartido
Un recurso compartido é calquer dispositivo, datos ou programas que se poden compartir nunha rede, por exemplo, arquivos, discos duros, carpetas, etc.
-Conceptos Básicos Sobre Redes
Para traballar con redes é necesario coñecer unha serie de conceptos básicos. Algúns deles son:
 -A Comunicación: É un proceso que ten un emisor, unha mensaxe que é transmitida a través dunha canle e un receptor. Os ordenadores son os emisores e os receptores ao mesmo tempo. A canle é o medio polo que circulan os datos (cableado, redes, etc.)
 -O Protocolo: En informática utilízase unha linguaxe e un conxunto de linguas para que emisores e receptores podan entenderse, coñécese como protocolo. O máis utilizado é o TCP / IP.
 -Direción IP: É a direción de rede do ordenador. Cada un dos ordenadores da rede identifícase por un número, a direción IP. Esta direción está forada por catro números separados por puntos, onde cada un toma valores entre 0 e 255.
 -Máscara de rede: É un número similar á IP que determina que parte da direción IP especifica ao equipo e a que parte da subrede pertence. Utilízase á vez para crear subredes.
 -Grupo de traballo: É o conxunto de equipos agrupados en subredes para facilitar o seu uso. Para que os equipos dunha rede poidan conectarse, han de estar no mesmo grupo de traballo.
 -Porta de enlace ou Gateway: É a direción IP coa que se sae da rede local ao exterior, noutra rede ou internet. Soe ser a IP do router.
 -DNS (Sistema de Nomes por Dominio): Para poder recordar as direcións IP, utilízase o DNS, que as asocia a un conxunto de palabras máis doadas de recordar.

Para máis información:
Páxina Web

















No hay comentarios:

Publicar un comentario