martes, 14 de enero de 2014

2.Creación de redes locales

2. CREACIÓN DE REDES LOCAL

-Dispositivos de Interconexión
Hai moitos dispositivos para poder interconectar todos es equipos e así formar a rede de área local. Algúns deles son:
 -Tarxetas de rede. Todos os equipos deben de telas instaladas, poden ser:
 -Ethernet. Utilizan un conector , onde irá conectado o cable. Este conector é semellante a do teléfono.
Hub
 -WiFi. Son tarxetas inalámbricas que conectan o ordenador á rede a través de ondas. Pódense utilzar de calquer fabricante sempre que cumpla as normas estándar.
 -Concentradores. Son dispositivos que conectan os cables de cada equipo. Dispoñen de portos con conectores, poden ser:
 -Hub. É o máis básico. Utilízase en redes pequenas e os datos son enviados a todos os equipos da rede. O destinatario recibe a información e o resto a omiten.
Switch
-Switch. Ten a mesma función que o hub, pero dunha forma máis intelixente, soamente envía os datos ao destinatario.                                              
 -Puntos de aceso. Teñen a mesma función que os concentradores, pero substitúen os cables por ondas.
Router
 -Router. Ten unha tecnoloxía máis avanzada que permiten xestionar direción IP, conectar redes entre si, establecer conexións a Internet, etc. Se é inalámbrico permite conectarse directamente, sen concentradores nen cableado.
 -Cables de rede. Hai varios tipos, o máis utilizado é o par trenzado. Este cable está formado por oito hilos condutores trenzados de dous en dous para evitar interferencias.
Cando son redes que requiren alta velocidade utilízanse aparellos de fibra óptica, permitindo así prestacións moi altas.
 
Tarxeta de rede


-Instalación e configuración de dispositivos
-Estas instalacións e configuracións son moi doadas. Algúns conceptos básicos son:
 -Tarxetas de rede. Só hai que retirar a carcasa do equipo e conectar esta tarxeta nunha das ranuras disponibles. Tamén hai que instalar os drivers no equipo seguindo os pasos explicados no disco de instalación.
 -Concentradores. Non requiren configuración, conéctanse á corrente eléctrica para que realicen a súa función correctamente.
 -Puntos de aceso. Soamente deben estar conectados cun cable ao router ou outro concentrador.
 -Router. Ten que configurarse cos parámetros do proveedor de Internet, aínda que normalmente xa veñen operativos. Se é inalámbrico hai que asegurarse de que a rede teña seguridade habilitada para impedir o aceso público.
-Cableado. Un dos seus extremos se conecta á tarxeta de rede e o outro ao concentrador ou router. Na súa instalación hai que ter uns conceptos claros, como non doblar o cable ou non fixalo na parede con materiais daninos.
-Conexión dos componentes
Topoloxía en estrela
A maioría das redes están organizadas nun punto central que interconecta os dispositivos que a compoñen. Isto denomínas ''Topoloxía en estrela'' e caracterízase por conectar todos os equipos a un concentrador. Para que a rede teña conexión a internet hai que conectar o concentrador a un router para que a rede de área local se transforme nunha de intranet. Pódense conectar concentradores entre sí cun porto especial coa fin de lograr subredes ou ampliar a rede.
-Redes mixta
Unha rede mixta componse de equipos cableados e equipos inalámbricos. Para isto, utilízase un punto de acceso inalámbrico. Utilízase, por exemplo, para conectar un portátil a unha rede cableada.

Máis información












No hay comentarios:

Publicar un comentario